Publicado por : Adycto 26 de febreiro de 2009


E despois de falar durante varios días da que é, para o meu xeito de ver as cousas, a campaña electoral máis noxenta da historia do noso país con "escándalos" de todo tipo nos medios de xeito diario e con xeitos de facer campaña máis que cuestionables hoxe imos falar, aínda que so sexa un chisco, de cousas máis "divertidas". Resulta que hoxe, navegando polos distintos medios que visito diariamente, atopeime cunha cousa curiosa na web da Cadena Cope: resulta que na Cope acusan ao novo ministro de Xustiza, o galego Xoán Caamaño, de masón. Señores e señoras, como nos vellos tempos, acusando á xente de masonería. Resulta que os "amigos" da Cope deberon estar buscando e buscanco cousas coas que poder criticar ao novo ministro e atoparon unha foto do ano 2007 (eso din eles) na entrega dos Premios Gran Logia de España nun Parador Nacional. De risa. Sinto non ter tempo para extenderme moito máis pero queda aquí o apuntamento: a Cope acusando de masón a alguén, repito, como nos vellos tempos.

One Response so far.

  1. pinchinho dí:

    Masón?? Só eso?? Seguro que tamén é xudeo... e se alimenta do sangue de nenos pequenos!!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -