Publicado por : Adycto
23 de xaneiro de 2009
Por se alguén anda despistado quero aclarar que, no excelente comentario realizado por Thomas Pullings no post anterior sobre o artificial e cacareado "problema lingüístico" en Galiza, califícase a Don Manuel Fraga, nun momento dado, como dunha especie de "Cid Campeador, que gana batallas tras a súa morte política". O motivo desta comparación, que demostra unha vez máis o ben informados que están os lectores de Xornal Aberto, non é outro que o feito de que o PPdG está a utilizar a imaxe do ex-presidente como gancho político na campaña de ultramar. Aínda que pareza mentira é certo. Os "populares", sempre dispostos a todo, están a empapelar os autobuses bonaerenses con imaxes do señor Fraga, nun intento máis de manipular o voto dos emigrantes. Como alguén pode pensar que isto non é máis que un invento de "nacionalistos", "izquierdosos", "titiriteros" e cousas polo estilo, nada mellor que mirar para a foto que ilustra este post. E ademais é que parece que Fraga lle está a explicar a Feijóo como ten que facer as cousas, cando o actual candidato popular non quere ver ao vello nin en pintura...Que lle estará explicado? Como colgar nacionalistas?
Parece que lo del autobús ateo tiene imitadores. Lo veo como una imposición de los "genoveses" a la que Feijóo no ha podido negarse.
Joseluis
o simplemente codicia por captar o voto inmigrante, moi unido xa a imaxe de Fraga,...nada bo, en todo caso