Publicado por : Adycto 1 de decembro de 2008

Ante a insistencia de moitos dos habituais lectores de Xornal Aberto (xente escollida, vive Deus) hoxe vou falar dunha iniciativa que, aínda que a maioría xa coñeceredes, paga a pena que sexa apoiada: Pídello a Al Gore. A fame é un dos problemas máis aberrantes do mundo no que nos tocou vivir porque, entre outras moitas cousas, ten solución e ninguén parece querer velo. Por iste motivo naceu No Hunger, unha iniciativa de Acción contra a Fame coa que se trata de facerlle chegar ao mundo que, entre todos, podemos acabar coa desnutrición xa que os gobernos e institucións teñen a capacidade para facelo. De feito, segundo os rapaces de No Hunger bastarían 3.000 millóns de euros para proporcionar tratamento aos preto de 19 millóns de nenos ameazados pola desnutrición aguda severa. Pero para que esto vai adiante hai que facer moito ruido e ise é o obxectivo da campaña Pídello a Al Gore. Trátase soamente de implicar ao ex-vicepresidente americano nesta campaña para que dirixa unha película sobre o tema e que movilice todo o seu poder mediático nesta iniciativa. Para logralo, nada millor que asinar neste formulario e, deste xeito, facerlle chegar a Al Gore o interese mundial no tema.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Por fin algo con sentido. Enhorabuena "querido" adycto, por fin algo con lo que estoy totalmnete de acuerdo. Muy bueno lo de la campaña esta. No la conocía y me e apuntado gracias a Xornal Aberto...ya te daré leña en otra oacasión, cuando hables de pòlítica. Por cierto, seguro que a Fraga no le pasa nada....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -