- Atrás »
- Caixon desastre »
- E HOXE CHEGA O NADAL...
Publicado por : Adycto
5 de decembro de 2008
A verdade é que un deixa uns días de escribir e as cousas cambian rapidamente. Que se atentado de ETA e o goberno anunciando medidas para impedir que ANV goberne nos concellos vascos, que se resulta que o meu querido celtiña foi vítima dun amaño de partidos e por iso baixou a segunda, que se veñen colegas esta fin de semana a compostela para ver o "derbi" (Cidade de Santiago-Pontevedriña), que se a crise, que se o mar toma de novo o seu tributo de vidas no enésimo naufraxio dun barco galego, que se, que se....e, de pronto, atópaste de frente co Nadal. Digo isto porque hoxe en Compostela, como na maioría das sete principais cidades galegas, acéndense as luces que iluminan as nosas vilas durante estas datas. Todas de baixo consumo, todas moi ecolóxicas, todas moi bonitas, pero a cidade de Santiago, por exemplo, triplica o seu gasto en iluminación con respecto ao ano pasado acadando a nada despreciable cifra de 165.000 euros. As luces estarán acendidas de 18:00 horas a 00:00 horas (de media) entre hoxe 5 de decembro e o vindeiro 7 de xaneiro nas sete cidades galegas e, todo isto, en medio da manida crise. De tódolos xeitos, os defensores da iluminación navideña din que isto incentiva as compras, e por tanto o comercio e, como consecuencia, axudará a paliar a crise (??) e que, ademais, é moi bonito. Se eu non quero ser o pesado de sempre pero, aínda asumindo que todo isto sexa certo, que o gasto non sexa innecesario, que axuden a sair da crise e todo iso....En serio é necesario acendelas o 5 de decembro?
Publicar un comentario