Publicado por : Adycto
28 de novembro de 2008
Despois de largas semanas de debates internos no seno do PSdG, con consultas incluidas ao gurú electoral Pepiño Blanco, hoxe por fin o presidente da Xunta, o señor Toruiño, anunciou que "ten en mente o mes de marzo" para a celebración dos comicios galegos e mostrouse a favor de "debatir" cos que serán os seus principais rivais na loita polo sillón de San Caetano, Alberto Núñez Feijóo e Anxo Quintana. O presidente fixo estas declaracións nunha entrevista concedida á Cadena Ser e, aínda que non confirmou que domingo do mes de marzo serán as eleccións, si asegurou que serán en marzo. A partires de agora será tempo de análise das causas e motivos deste adianto e tamén da situación na que se atopan os tres grandes partidos galegos para afrontar esta cita pero, polo de pronto, a noticia hoxe é que hai adianto. Por certo, alguén deuse de conta de que un dos malos de Airbag chamábase Touriño? Aquí queda o documento.
Neste outro video, realizado polos de Libertad Popular, utilizan esta coincidencia para falar da "mafia" que segundo eles anda retirando os carteis publicitarios eses de Bipartito: Despilfarro, crise, paro, etc que cos que os populares andan a empapelar Galiza. Se estades fora da Galiza e non víchedes estes carteis tan "singulares" podedes aproveitar o video para velos. Vai ser unha campaña dura....

Publicar un comentario