
È tarde, teño sono, estou canso e, sen embargo, non podía deixar de escribir este post. Vaia por diante que non é "peloteo" dese barateiro que tanto se ve na blogosfera, senón absoluta admiración. Cando un vai de paseo pola rede, como pola rúa, atopa cousas boas e cousas non tan boas e eu, hai xa algún tempo, atopei unha moi boa. Xa está posto nas recomendacións de Xornal Aberto sobre a blogosfera así que non vou a pediros que entredes en
Mis Paridas, un excelente blog feito con máis sentido común que a maioría das cousas da vida, senón que directamente lexades o artigo
"O grito de Tardá". Divertido, conciso, amargo,... ten un pouco desas cousas que a todos nos gusta recoñecer nos nosos post e que menos veces das desexadas conseguimos. Parabéns
José Luis por este excelente post e grazas pola dedicatoria do mesmo. Estaba seguro de que o tema do Tardá este sacaría unha exelente "parida".
Publicar un comentario