- Atrás »
- Caixon desastre »
- A QUINTANA SEN PEREGRINOS
Publicado por : Adycto
10 de decembro de 2008
Hoxe tiven que achegarme pola tarde ata a Biblioteca Xeral e, camiña que te camiña, pasei pola rúa de San Pedro, por Casas Reais, por Cervantes,... Todas as rúas lucían xa a súa carísima iluminación navideña e o frío e o ambente húmido, tan propio de Compostela nestas datas, facía do paseo algo máis que un simple paso detrás doutro. Non sei o que era pero a cidade tiña algo raro e fermoso que non lograba distinguir. De repente, como sempre ocorre, atopeime de frente coa Praza da Quintana e, en vez do "monótono fungar" das responsables dos grupos de turistas explicando aquelo de por que lle chaman "De Mortos" á Praza da Quintana, atopeime de súpeto co silencio. Non había grupos de turistas, nin peregrinos, nin nenos con gaitas de xoguete, nin excursións de estudantes, nin nada de nada. A Praza estaba deserta. Vese que pasada a ponte da Constitución e co Nadal tan cerca, tanto turistas como peregrinos deberon pensar que o mellor era non visitar máis Compostela ata o vindeiro ano e, deste xeito, deixaron a cidade libre. A verdade é que a sensación era caralluda. As seis e media da tarde e ninguén na Quintana. Impagable. Nese momento ocorreuseme a idea de tirar de "mancontro" e sacar unha boa foto do momento pero a batería do teléfono, como sempre que a precisas de verdade, dixo basta e, deste xeito, tiven que buscar polo internet unha foto da Praza tal e como a vira: deserta. Así, din co espacio en flickr de renquedochan, un auténtico artista ao que, de funcionar a batería do meu móbil, non descubriría hoxe.
E nada mais, deixovos aquí algunhas fotos máis que renquedochan tiroulle á Praza da Quintana e, polo mesmo precio e cambiando absolutamente de tema, as polémicas declaraciós realizadas polo deputado de ERC, Joan Tardá, nas que axitaba aos "cachorros" do seu partido ao grito de: Morte ao Borbón!. Non pegan nada co tema do que estaba a falar pero é que están a xerar tanta polémica que, senón tivéchedes a sorte de escoitalas, non debedes deixar pasar a ocasión.
Publicar un comentario