Publicado por : Adycto 12 de decembro de 2008



Ultimamente andamos a polémicas declaración políticas case que diarias e, despois do de Tardá, volta a palestra un dos clásicos en dicir barbaridades: Manuel Fraga. As súas recentes declaracións sobre o sitio que deberían ocupar os partidos nacionalistas no Parlamento non nos deixan outra opción. Resulta que este home, que como todos sabemos foi ministro con Franco, lider de AP, presidente da Xunta durante 16 interminables anos, presidente fundador do PP e agora senador (vitalicio como Pinochet) , despachouse a gusto e afirmou, textualmente, que "habría que colgar de algún sitio a los nacionalistas". Supoño que en breve teremos que escoitar aos líderes do seu partido dicir o de sempre: que si está vello, que non hai que darlle importancia, que si tal, que si cual pero o que deberían de facer é retiralo. Estou de acordo con case que todas as formas de liberdade de expresión e, aínda que sexa unha burrada, podo entender que un antigo membro de Fuerza Nueva pense este tipo de cousas, e inclusive que as diga en público pero, o que non me parece de recibo é que un senador (pertencente non o esquenzamos á Cámara de representación territorial de España) as diga. Señores do PP, manden ao vello para casa e, se quere desbarrar, que polo menos o faga dende fora das Institucións ás que mancilla cada vez que abre a boca. O vello levaba moito tempo sen sair nos medios e debeu de pensar: Que coño! Pa lo que me queda en el convento me cago dentro!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -