Publicado por : Adycto 15 de decembro de 2008


Hoxe non teño moito tempo así que vou a facer un deses post rápidos. A fin de semana paseina na casa escapando do frío co que os galegos tivemos que convivir e, polo tanto, pegado horas de máis á televisión. Aínda así, a través dese electrodoméstivo e do meu querido interné, tiven ocasión de ver cousas que me chamaron moito a atención. Por un lado, en clave galega, poidemos ver a proclamación de "Smallbull" como o candidato do PSOE a facerse coa poltrona de San Caetano por catro anos máis nunha cerimonia que, a verdade, lembroume moito ás "americanadas" esas de "confetti ao por maior e detall" que tanto lle gustan aos ianquies. Tamén tivemos tempo, durante a fin de semana, a ver como Fraga dicía que as súas palabriñas do outro día sobre os nacionalistas estaban "mal interpretadas" e, sobre todas as cousas, tivemos a oportunidade de ver como un xornalista iraquí tiráballe un par de zapatos á cabeza a George Bush durante a súa rolda de prensa de despedida de Iraque (por certo, o Bush anda rápido de reflexos). A verdade é que o que máis me sorprendeu deste asunto foi que, a pesares de estar en Iraque, a seguridade americana, que sempre nos venden nas películas como algo moi profesional e perfecto, permitise que lle tiraran á cachola do seu xefe, non un, senón dous zapatos. Se chega a ter unha pistola o "jicho" hoxe estaríamos falando posiblemente da morte de George W. Bush. Xa para rematar dicir que Xornal de Galicia estame gustando moito e, nunha información asinada hoxe por M.Sequeiro e M. Pardo, comentan que Bruxelas confirma a imposibilidade de levar unha vida cotiá en galego, sinalo isto pola guerra sobre o idioma que, de aquí ata as eleccións, van tratar de abrir os populares en Galicia. O idioma, algo no que de sempre todos os galegos estivemos de acordo, vai ser utilizado nos próximos meses polo amigo Feijóo como causa de división en vez de unión, que é o que sempre foi. A foto que ilustra este post é de Álvaro Ballesteros, fotógrafo de Voz.


One Response so far.

  1. Ola Adycto. Revisado o temas dos traductores do blog. Non fun quen de mellorar os problemas do traductor de galego. Recoméndoche, en todo caso, a fonta da que saquei a ferramenta: http://solrackorner.blogspot.com/2007/04/como-incluir-un-traductor-en-tu-blog.html

    Como verás, a instalación é moi sinxela. Eu foceille un pouco no HTML para cambiar un par de cousas do deseño, quitar a opción do galego que non funcionaba e así. E non sei HTML, pero analizando ben cómo estaba montado o código, fixen algunhas probas e funcionou. Se queres axúdoche cando estea eu aí. Chego o 21. Aperta.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -