- Atrás »
- Caixon desastre , Culturnet »
- A CHEGADA DE XORNAL DE GALICIA
Publicado por : Adycto
10 de decembro de 2008
Tardamos un día máis da conta en felicitar á xente de Xornal de Galicia pola saída á rúa do seu primeiro número pero o fixemos porque en Xornal Aberto decidimos analizar a fondo o primeiro exemplar para, deste xeito, poder opinar con máis criterio. Como todos saberedes a estas alturas, Xornal de Galicia naceu un 9 de novembro de 2008, exactamente 9 anos despois de que o seu "pai", Xornal. com, entrara nas nosas vidas a través da rede. A verdade é que o nacemento deste novo medio de comunicación é moi distinto ao do resto precisamente porque, antes de chegar en papel, tivemos a oportunidade de velo electronicamente durante moitos anos. Como co nacemento de calquera medio de comunicación (sexa da cor que sexa), dende Xornal Aberto sentimos alegría xa que, non debemos olvidar, que o nacemento dun novo medio de comunciación non é máis que o síntoma claro dunha sociedade que avanza. No tocante ao contido e as firmas do mesmo nada que dicir só que dende Xornal Aberto esperamos que ese compromiso de pluralismo e a independecia e esa aposta pola "defensa dos intereses de Galicia" da que presumen no seu primeiro editorial sexa certa e non quede, como tantas outras veces, nunha mera intención. Canto o deseño pareceume excelente e canto as firmas e xornalistas que compoñen o plantel dirixido por José Luis Gómez só podo dicir cousas boas. Por certo, chamoume moito a atención a presencia de Henrique Alvarellos na contra do primeiro exemplar. É un auténtico luxo poder voltar a ler cousas de Alvarellos (espero que con asiduidade) xa que, para o gusto desta redacción, é un dos moitos e bos xornalistas cos que conta este país. Mais nada. Parabéns e espero que as furibundas críticas da Voz non sexan tidas en conta xa que coido que están feitas dende o resentemento e o medo.
Agradézoche a análise. Teño ganas de coñecer o xornal en papel. Os que estamos lonxe non nos podemos facer moita idea de cómo é a través da web. En todo caso, sempre é un excelente sinal que naza un xornal. E desexo, coma ti, miralo medrar sano. En todos os sentidos, sobre todo no que más nos importa a todos: no da pluralidade, a veracidade e a independencia. Saúdos.
A verdade é que gustoume. Se me mandas unha dirección postal polo mail mándoche un par de exemplares porque paga a pena velo. Un deseño chulo e, nos dous primeiros números, uns contidos bastante coidados e con bastante pluralidade nas informacións. A min estame a gustar pero aínda haberá que esperar un tempo para ver como anda.