Publicado por : Adycto 6 de decembro de 2008



A Asociación de Comerciantes do compostelán Barrio de San Pedro acaba de poñer en marcha unha campaña publicitaria co obxectivo de lograr que a xente sega a facer as súas compras no Barrio. Para elo, ademais de xogar coa baza dos prezos competitivos (que os teñen) aducen outras moitas razóns dirixidas ao corazón e a cabeza dos veciños. Unha cartelería moi ben deseñada por Jorge Fuentes (http://www.jorgefuentes.net/) e o trato amable e familiar que todos recibimos deles cada día teñen que lograr que os veciños se dean de conta do importante que é ter no barrio un comercio activo e responsable. So tedes que pensar que, por cada comercio do Barrio que peche (por culpa da crise ou do que sexa), vai abrirse unha tenda de souvenirs para os peregrinos que non vai aportar nada a vida do barrio. Se de súpeto pecha a ferretería, a tenda, a perruquería ou a tenda de bicis o seu lugar vai ser ocupado por un local que se vai a adicar a vender cunchas, camisetas que poñan "No pain no glory" ou gaitas en miniatura para atronarnos a cabeza. A verdade é que eles na súa campaña falan de dez razóns para mercar no barrio pero, se o pensamos friamente, son mais de 1000 as razóns polas que debemos procurar seguir contando para as nosas compras cos comerciantes do barrio. Quen che vai a deixar máis guapo que a perruquería do barrio? onde vas a atopar un regalo mellor para o nadal?

One Response so far.

  1. undobarrio dí:

    a verdade é que a campaña está de puta madre e, ademais, como ben se dice neste blog....se pecha algunha tenda que van abrir?...tendas de peregrinos!! e isto, todo hai que dicilo, é o principio do fin. Se marchan as tendas logo marcharán os veciños!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -