Publicado por : Adycto
26 de novembro de 2008
E por fin chegou o momento de falar don Non Congreso que durante o pasado sábado organizou o Partido Popular de Galicia para aclamar ao seu candidato á presidente da Xunta, don Alberto Núñez Feijóo. O primeiro do que teño que falar é da escolla do lugar no que se celebrou fisicamente o acto: o Palacio de Congresos de Santiago. Din as malas linguas que Alfonso Rueda e os seus asesores barallaron outras opción pero que a "mieditis" de non encher ata a bandeira fixo que se descartasen lugares como o Multiusos do Sar. Esa mesma "mieditis" foi a que fixo que ata 2.000 persoas que "tiñan pensado" achegarse ata o Palacio de Congresos quedaran as portas do mesmo porque o aforo xa estaba completo, aídan que parece que se entretiveron fora mirando como aparcaban os autobuses que ata alí os levaron (a "mieditis" fixo carretar de mais).
Do que foi o acto en sí, pouco de novo. Madiano apoio a Feijóo para "inicar a reconquista" do goberno en España a través, primeiro, da recuperación da Xunta (un conto moi vello) e o candidato sentiu o apoio dos preto de 7.000 militantes que se achegaron ata Santiago. Co seu particular "Yes we can" (chegou o momento) por todos lados, o candidato realiou un discurso coa intención de contentar a todos os presentes e así o fixo pero, que foi o que máis chamou a atención de todo o mundo deste encontro popular? Por suposto, a ausencia de Fraga.
Xornal Aberto tratou de averiguar, tocando todas as súas fontes, cal foi o motivo ou motivos que fixeron que Fraga non acudira a este acto de aclamación de Núñez Feijóo como candidato. As respostas dadas dende as filas populares foron variadas. En primeiro lugar, o día que se celebraba o acto coincidía co seu cumpreanos (86) e a súa familia insistiu en que quedara en Madrid con eles. En segundo lugar, os populares tratan de explicar a ausencia de Fraga como unha mostra máis da súa vontade de non interferir na traxectoria de Feijóo; o candidato é libre e non lle deben nada a ninguén. E, por último, fálase dunha reducción da axenda de traballo de Fraga, sobre todo no que concerne a viaxes xa que, coa súa idade, non pode ter a mesma actividade que hai uns anos.
Dende Xornal Aberto, sempre desde o respecto e sen ánimo de incordiar, pensamos que todas estas explicacións son paparruchas. Coñecendo ao León de Vilalba so hai tres explicacións válidas: que non lle insistisen o suficente dende a dirección popular para estar no acto, que por algún motivo estivese molesto con alguén e decidira non ir ou que, por algún motivo de índole médica, non fora recomendable que fora. De todas estas posibles explicacións que cada quen quede coa que queira pero eu decántome ou porque non lle insisitiran para ir ou porque os médicos non lle deixaran ir. A verdade é que sempre nos olvidamos de que Manuel Faga ten moitos anos e moitos quilómetros enriba e iso, tarde ou cedo, ten que pasar factura. Pode ser que este sexa o momento. Se repasamos a traxectoria de Manuel Fraga podemos observar que unha ausencia deste tipo non é algo habitual. Dende logo algo ocorre e o que máis me fastidia e que parece, lendo todo o publicado estes días, que Fraga non foi ao acto por quedar na casa celebrando o seu cumpreanos....Q non somos tontos!
Sé de buena tinta que estaba de caza
y Alvarez Cascos con él