Publicado por : Adycto 25 de novembro de 2008


A pesares de que son moitas as cousas das que hoxe poderiamos falar en Xornal Aberto, como por exemplo o tema dos crucifixos nas escolas e a postura do goberno galego ao respecto, na redacción andamos todos coa maldita gripe e non temos gañas de moito así que, sen que sirva de precedente, faremos un pequeno popurri con cousas divertidas (e non tan divertidas) que atopamos hoxe nos xornais. Para empezar nada mellor que ler como unha lucense retivo aos seus caseiros e esixiu a presencia, cando chegou a policía, de AR (a nosa querida Ana Rosa Quintana) para que mediara no conflito. Outras novas tamén sorprendentes, das que podemos atopar hoxe na prensa galega, son que o ex-presidente Felipe González e Carmen Romero sepáranse ou que a deputada do PPdG, Marta Cerdido, dedicou o tempo da intervención do seu líder, Alberto Núñez Feijóo, no debate dos Orzamentos celebrado no Hórreo a navegar nunha tenda online de zapatos de luxo. Ou sexa, como ben contan hoxe no Pravda, estaba de tendas dende o seu escano no parlamento. Xa para rematar, a gripe non da tempo para moito máis, contarvos que no Granma (e así como lle chamamos en Xornal Aberto ao diario Público) hai unha interesante información sobre o discurso dado onte por Hernández Mancha (un señor pequeniño que hai anos presidiu AP por un breve espazo de tempo) no que comparaba a Rajoy con Gandhi.

One Response so far.

  1. Pelos dí:

    La verdad es que hoy has estado un poco vago haciendo este conglomerado de noticias pero sin demasiada opinión pero todo compensa por el comentario de ayer. La verdad es que me reí mucho y es que además es así. Cuando vas a cualquier oficina pública siempre hay un número desporporcionado de espacios libres (funcionarios que están de baja, de días libres, de asuntos propios, de vacaciones, en la hora del café, en la compra, etc, etc,. etc)lo cual hace que los que están allí o bien estén de mal humor o bien "no den abasto". Sea por lo que sea la realidad es que, cuando acudes en persona a la administración, un trámite que a todoas luces parece algo sencillo se convierte en un asunto de días, con plazos que nuncase cumplen y, en el pero de los casos, con malos modos y malas caras. Caña!!!! Y ellos e defienden diciendo que es envidia!!Que no, lo que es es incompetecia, acomodo, etc, etc, Curso de reciclaje de verdad ya!! Y que despedir a unn funcionario no sea algo raro....Bueno, que ya me he desaogao. Eso, que muy bueno lo de los funcionarios...jejejejeje,. Marina D`Or

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -