Publicado por : Adycto 20 de novembro de 2008

A verdade é que APR (Arturo Pérez Reverte) non é nin moito menos un dos meus escritores favoritos a pesares de que, ao longo dos anos, lin moitas das súas obras. Escribe moi ben, iso é innegable, e ademais soe escribir sobre temas dos que gusto pero a súa faceta de columnista no "Semanal" durante anos fixo que acabara aborrecendo algunhas das súas opinións e, como consecuencia diso, ao propio Reverte. Aínda así, como hai que tratar de ser xustos con todo o mundo, aínda con aqueles que nos caen peor, hoxe vou facer mención a unha columna escrita por APR alá por novembro de 1998 (hai 10 anos) e que hoxe está de absoluta actualidade coa crise que estamos a vivir. O artigo chámase "Os amos do mundo", e paga a pena lelo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -