Publicado por : Adycto
19 de novembro de 2008
Aínda que todavía falta algún tempo para que os galegos elixamos de novo presidente da Xunta, os partidos políticos están xa metidos de cheo en "campaña" e, como non podía ser doutro xeito, comezan xa a traballar con enquisas e sondaxes. Deste xeito, o Correo Gallego publica hoxe os resultados dunha sondaxe electoral encargada polo PSdG hai dez días (xa metidos de cheo niso que chaman crise) na que os datos máis destacados son que o bipartito (PSdG+BNG) arrebataríalle ao PPdG de Nuñez Feijóo entre tres e cinco escaños, así como que o PP baixa en intención de voto para os próximo comicios por baixo do 40%, algo que non ocorría dende que Manuel Fraga asumira en 1989 o mando dos dereitistas galaicos. De todos os xeitos xa sabedes que ás enquisas hai que miralas con moito tino e respecto e, estas en concreto, realizadas polos propios partidos políticos a tanto tempo dos comicios, todavía máis. Mirade como estaba ElBama (din que é así como lle chama Paco Vázquez ao novo presidente electo dos EEUU) cinco meses antes das elección e con que autoridade gañou despois...Por certo, como lle irá ao ex-alcalde da Coruña na Santa Sed? (din que é así como lle chama o embaixador á Santa Sede). Hai tempo que non sei nada del é estou un pouco preocupado. A última vez que souben algo del foi a través dunha foto na que se veía ao ex-alcalde coruñés contemplando con detenemento os rinocerayeres nun zoo romanés. (Din que é así como lle chama Paco Vázquez aos rinocerontes). Por certo, a foto está sacada do blog Xavier Pita Wonenburger.
Publicar un comentario