Publicado por : Adycto 14 de outubro de 2008


Como saben os avezados lectores de Xornal Aberto, o tema da Estación de Esquí de Santiago e o seu teleférico é un dos favoritos do enfermo que escribe e, como teñen pasado bastantes cosas ao respecto da CdC (que é como os modernos, entre eles o alcalde de Santiago, chaman ao mostruo do Gaiás), non queda outro remedio que facer outro post sobre o tema. Como todos saberedes, o ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos) é o organismo asesor da UNESCO en asuntos de patrimonio e, hai unhas semanas, fixo público un informe demoledor sobre a posibilidade de que Santiago de Compostela contase, como queren algúns dos seus pólíticos, cun teléférico que conecte a cidade coa súa "Estación de Esquí". Ante a dureza do informe do ICOMOS, mister Bugallo decidiu achegarse ata Paris para falar co director do Centro Mundial do Patrimonio, Francesco Bandarinm, e plantexarlle as súas ideas sobre a integración que debe producirse entre Santiago e o Monstruo do Gaiás.


Á volta da súa viaxe a París, o alcalde deu unha rolda de prensa na que afirmou que o proxecto do teleférico para conectar o Gaiás coa cidade responde a unha análise na que se descartaron outras opcións como a conexión por estrada, o tren lixeiro ou o tranvía "por ser máis caras, menos eficaces e de maior impacto". Home, eu non son enxeñeiro de camiños pero 20 millóns de euros para conectar a cidade co Gaiás parécenme cartos abondo (é o que está orzamentado para o teleférico). Canto ao do impacto e a eficacia mellor non falar.


Por certo, para os que pensedes que o alcalde anortou co tema do teleférico que saibades que estades equivocados. O señor Bugallo o ten claro: van a ser dúas liñas, unha dende Belvís e outra dende a "futura estación do AVE" (encántame esta denominación). Unha vai a estar funcionando no 2010 (a de Belvís) e a outra retrasarase ata 2012, que é cando chega o AVE (cesar!) a Santiago (jejejejeje). Además vai ser todo beneficios porque, en palabras do alcalde, un usuario podería trasladarse á Estación de Esquí dende Belvís en 7 minutos, fronte aos 3 ou 4 quilómetros que tería que percorrer en autobús e, ademais, as telecabinas, en contraposición aos vehículos, non necesitan "pararse en los semáforos e ceder o paso aos peatóns". Non sei como alguén pode opoñerse.....co bonito que vai a quedar!


Xa para terminar, para os que estades pensando sempre nos cartos unha aclaración: non vai a ser nada caro. Segundo o propio alcalde a liña que conectará a Estación do Ave (non podo deixar de rir cando leo esto da estación do ave) coa Estación de Esquí "non superará os 10 millóns de euros" co cal, como moito, as dúas liñas sairán por uns 20 millóns de euros. Ademais, segundo Bugallo, hai empresas interesadas en participar nesta infraestructura xa que vai a ser moi rentable. Bugallo calcula que, en hora punta, "poderán usar os teleférico ata 2.000 persoas en ambos sentidos".
Que si home que si. O atrasado son eu. Son un estreito de miras. Menos mal que temos político de alturas que danse conta de que o que lle fai falta a Santiago e gastar 20 millóns de euros nun teleférico e non outras cousas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -