Publicado por : Adycto 16 de outubro de 2008

Cando eu ía a Facultade (hai xa algúns anos) o curso comezaba para moitos unha vez que pasaba a ponte do Pilar. Como xa pasou esta data (con desfile militar incluído) podemos dicir que o curso xa comezou definitivamente na Universidade. As cousas cambian e, aínda que agora son moitos menos alumnos que cando eu estaba na Universidade, seguro que todos van a clase dende o 1 de outubro e inclusive acuden ata ás presentacións que os profesores fan das súas asignaturas e que, na miña época, só servían para saber como debería ser cada asignatura e como nunca sería. Digo isto porque, estes días, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e, con motivo da finalización dun curso de acollida aos douscentos novos alumnos, as aburridas presentacións foron sustituidas por unha "perfomance" do máis peculiar. Seguro que se na miña época foran así ata eu acudiría a estas presentacións....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -