Publicado por : Adycto 8 de outubro de 2008


A pesares de que hoxe parecía un día propicio para falar sobre o desenvolvemento do Debate do Estado do País, que remata esta mesma tarde, en Xornal Aberto decidimos falar doutros dous temas e deixar o Debate para un análise máis sosegado. Despois de ler a maior parte do xornais galegos, estatais e inclusive internacionais, a redacción de Xornal Aberto decidiu que os tema de hoxe eran: a utlización por parte da CIA do aeroporto de Lavacolla para os seus famosos voos secretos e as protestas que xurden na Facultade de Dereito porque a asignatura "Dereito Civil III" vaise impartir en galego.


Canto ao dos voos secretos da CIA pouco que decir. A verdade é que xa me estranaba a min que, pasando como pasaron os mozos da CIA por diversos aeroportos españois cos seus voos secretos (que de secretos so teñen o nome), non pararan en Santiago. E digo isto porque a seguridade que hai no aeroporto da capital de Galiza é ridícula e, postos a facer unha trangallada desas, poucos aeroportos me parecen máis recomendables que o de Lavacolla. Imaxinades aos da CIA tomando café diante da "superparella" da Garda Civil do aeroporto....Debeu ser de coña.


Canto o tema da asignatura de Dereito en inglés só teño que dicir unha cousa. Toda a vida protestando de que os nosos mozos non saben idiomas e isto lles dificulta a súa incorporación á vida laboral e, unha vez que o fan, todo son trabas. Hai que estudar inglés home!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -