Publicado por : Adycto 12 de agosto de 2008


Hoxe poderiamos falar de moitas cousas xa que, a pesares dos xogos olímpicos, son moitas as que están a acontecer: guerra en Europa, as datas do AVE (...Cesar!), as vacacións dos políticos ou a magnífica información que, de novo M. Cheda, asinou o pasado domingo na Voz de Galicia e na que se facía alusión a como os nosos políticos xa non saben (se é que algún día o souberon) que facer coa Estación de Esquí de Santiago DC, coñecida por algúns como Cidade da Cultura. A pesares de todo iso hoxe vou falar doutro tema: O principijo.


Unha das cousas que me gusta facer, cando teño tempo libre, é ver deporte na tele (o de practicalos xa non me mola tanto) e, durante os últimos dous meses, fun testigo da Eurocopa, os triunfos de Nadal e, agora, as Olimpiadas de Beijing 2008. O principijo, ese rapaz que fai que moita xente confunda as verbas guapo e alto, tamén foi testigo dos éxitos españois no deporte pero, no seu caso, estando presente nos distintos acontecementos. Eu xa non digo nada de que sobrepasara os corenta anos sen ter traballo coñecido, de que a súa "paga" a apoquinemos entre todos, de que non pare de ter fillos (máis gastos para o pobo), de que a súa voda nos saira a "todos" por un pico ou de que tanto el como o seu pai non teñan a estas alturas nada claro o tema da liberdade de expresión (caso da revista El Jueves) pero, amigo Felipe, xa está ben. Os políticos lémbrannos unha e outra vez que estamos en crise e vostede que si hoxe en Suiza para ver o fútbol, que si mañán en Londres para ver o tenis, que si as motos, que si as Olimpiadas, que si andar de regatas...Canto duran as súas vacación Maxestade? De maio a setembro? Pero non era que vostedes (os da Casa Real) tomaban só vacacións en Agosto (no Pazo de Marivent) para andar ás regatas? Se é que duns tipos que lle poñen como nome ao seu barco Bribón pouco se pode esperarar. Vostede non me faga caso Maxestade. Paseo ben, abaníquese e desfrute, que está na idade.....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -