Publicado por : Adycto 25 de agosto de 2008

Levaba uns días sen escribir nada en Xornal Aberto porque dediquei estes días a facer vida de veraneante. Estiven no Globo de Betanzos, do que xa os colgarei un video, nos Caneiros e, esta pasada fin de semana, de travesía pola ría de Vigo, con visita a Cíes incluída, nun pequeno veleiro que un primo meu utiliza como casa durante todo o ano. A verdade é que paseino ben e apenas tiven tempo para ler a prensa pero hoxe, xusto cando chego a Santiago DC e abro o xonal, atópome cun novo artigo de M.Cheda sobre a estación de esquí da capital de Galiza. A verdade é que como Cheda siga facendo estas informacións este vai a parecer mais o seu blog que o meu pero, en todo caso, de novo parabéns. Na información de hoxe, Cheda fai referencia a unha das cousas que máis me preoucupan dende a chegada do bipartito ao poder: a falta de transparecencia. Evidentemente cando o país estaba nas mans do Rei Fraga a información no chegaba aos cidadáns coa claridade que debía ( e ben que se queixaba todo o mundo sobre este punto) pero desque chegaron os "progesistas" a situación non mellorou moito. No caso da Consellería de Cultura, dirixida pola naciona-lista Ánxela Bugallo, as cousas son todavía peores. A día de hoxe seguimos sen ter claro que se vai facer coa estación de esquí do Gaiás, que se vai a facer en cada edificio, canto nos vai a supor o seu mantemento, para que van a valer, por que se entregan as mans privadas os edificios mías rentables, etc, etc, etc. Hoxe Cheda, na súa información na Voz de Galicia, plantexa novas dúbidas sobre a Cidade da Cultura e, máis concretamente sobre a Biblioteca Nacional (que en principio se abrirá no vindeiro ano). Señores e señoras do bipartito, dende eiquí pido un pouco maís de transparencia sobre este faraónico proxecto. Quero saber, como moitos galegos, onde se están a investir (perdón, quixen decir tirar) os nosos cartos e canto nos vai a valer manter este mausoleo cada ano. De verdade que necesitabamos un "complexo cultural" destas dimensións? Para que un edificio como o da biblioteca no que só se ocupará o 20% do espacio asignado a fondos documentais?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -