Publicado por : Adycto 7 de agosto de 2008


A pesares de que podería escribir hoxe doutros temas, como a "serpe do verán" de De Juana ou a liberdade de expresión dos deportistas na olimpiada de China, vouno facer sobre un tema sobre o que xa escribira neste blog: o cambio de denominación do Hospital Juan Canalejo de A Coruña. Resulta que, por unha vez, as cousas fixéronse medianamente ben e, aínda que con moito retraso (como casi todo en Galiza menos o AVE, jajaja) o mencionado hospital coruñés pasará a denominarse, dende o vindeiro 25 de agosto, Hospital A Coruña. O cambio de nome, como sabedes, responde a unha exixencia da Lei da Memoria Histórica, unha normativa que opbriga a retirar todo aquelo relacionado co franquismo e, polo tanto, o nome dun hospital que lembra a un dos membros de Falange (nin médico nin nada polo estilo). Para evitar gastos innecesario, a papelería, os uniformes, a ropa de cama, etc irán cambiándose pouco a pouco (non hai que despilfarrar cartos) pero da fachada principal do edificio xa desapareceu o antigo nome do centro hospitalario. Agora haberá que apretarlle ao concello da cidade para que troque as sinalizacións que aínda te indican como chegar ao Juan Canalejo.

Noutro orden de cosas pero coa mesma teima de fondo teño que dicir que mañá venres a bisneta de Franco casa no Pazo de Meirás e que os membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica teñen pensado organizar na entrada deste recinto un acto de protesta para reivindicar a devolución deste edificio ao patrimonio público. Neste sentido creo que está bastante claro, polo menos para min, que o Pazo foui entregado polos veciños ao ditador, a título de Xefe do Estado, co cal o feito de que entrase dentro da herdanza da familia Franco paréceme dunha caradura inaceptable.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -