Publicado por : Adycto
28 de agosto de 2008
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, “smallbull” para moitos, descartou hoxe que vaia decidir un adianto das eleccións autonómicas e comprometeuse a esgotar a lexislatura e só proceder a un anticipo técnico para que os comicios galegos non coincidan cos europeos, previstos para xuño de 2009. Estas declaración as fixo o Presidente na súa residencia oficial en Monte Pío, pouco despois da reunión do Consello da Xunta desta mesma mañán.
Tras as especulacións realizadas nos últimos días nos medios de comunicación por políticos e xornalistas, o presidente Touriño apuntou que no último mes escoitou "moitas opinións", entre elas as do vicesecretario xeneral do PSOE, José Blanco, aínda que declarou que dende un principio tiña "clara" a decisión.
Señor Touriño, paréceme moi ben que manteña a independecia da convocatoria das eleccións galegas do organigrama do seu partido en Madrid e que cumpra co “contrato” asinado cos galegos nas pasadas eleccións pero non me diga que tiña clara a decisión porque non o creo. Seguro que tanto Blanco como ZP querían adiantar as eleccións e, se non o fixeron, é porque vostede convencéunos de que non era o mellor momento pero de ahí a que o tiña claro….

Iso si, o “non adianto electoral” servirá para ver como rectifica o PPdG, se é que o fai, a súa posición dos últimos días non que cuestionaba a capacidade de liderazgo e decisión do presidente, ao asegurar qie Pepino lle tiña “ordeado” adiantar as mesmas. Pois iso, que non hai adianto electoral e que creo que isto, no fondo, é bo para o país. Outra cousa son as películas que nos quera contar Smallbull. Por certo, en vez de ilustrar este post co video das declaración, como fai todo o mundo, eu vouno facer cun video do presidente falando no seu “estrano idioma.
Publicar un comentario