Publicado por : Adycto 25 de agosto de 2008


Como sabedes, neste blog gustanos moito falar sobre a nova estación de esquí de Santiago DC, eso que moitos chaman Cidade da Cultura. Por este motivo decidimos ir creando, pouco a pouco, un arquivo de fotos sobre este faraónico proxecto que estalle costando aos galegos, ata este momento, case que o cuadruple de cartos do que lles costou aos vascos o Gugenheim (ou como se escriba) e o dobre do que lles costou aos valenciáns a Ciutat de les Arts. Este arquivo estará en breve aloxado na barra lateral do blog e, para ilo enchendo, pídolle a todos os interesados no tema que envíen ao correo electrónico xornalaberto@hotmail.com as fotos sobre a obra do Gaiás que consideren oportunas. Todas iranse colgando nesta nova sección que, en breve, estará funcionando en Xornal Aberto. Se a foto é vosa indicade que nome queredes que apareza xunto con ela e, se é collida dalgún lado indicade de onde para poder precisalo. Nada mais.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -