Publicado por : Adycto 30 de xullo de 2008

Aos amigos sempre hai que tratalos ben e como a xente da produtora galega Contacontos P.C. o son, vou facer de altofalante da nova que me enviaron a mail. Mañá xoves 31 de xullo proxéctase, ás 22:30 horas na Praza de Mugartegui, dentro do programa Cine na Lúa organizado polo concello de Pontevedra para as festas de verán 2008, a curtametraxe "12007" da produtora galega Contacontos P.C., xunto á película "Ocean´s Thirteen". A curta, recentemente presentada aos medios da capital do Lérez, está dirixida polo pontevedrés Diego Torres e aborda, dentro do xénero da ciencia-ficción, como será o mundo dentro de 10.000 anos. Non o perdades se estades en Pontevedra. É de balde e nunha praza fermosísima e a curta, ademais, é moi boa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -