Publicado por : Adycto 28 de xullo de 2008

Mentres unha boa parte de galegos trataba de achegarse ata Santiago DC ò pasado día 24, para vivir na capital de Galiza a noite grande das festas de Compostela, así como a festa do día da Patria, eu escapei da capital buscando un pouco de tranquilidade xa que, ultimamente, a noite do apóstolo paréceme menos divertida que antes. Será que me estou a facer vello pero o certo e que marchei de acampada coa moza eses días. Como non tiñamos pensado facer moitos quilómetros buscamos en Galiza un destino que nos viñera ben e, finalmente, decidimos facer peregrinación ate a terra prometida do nacionalismo: Allariz.

A verdade é que o pobo está precioso e as reformas urbáns que se fixeron, destacando por riba de todo a rehabilitación do casco histórico da vila, son espectaculares e invito a todo o mundo a achegarse alí para comprobalo. A viaxe á Meca do nacionalismo foi un auténtico acerto e a verdade, como os dicía antes, hai que visitala, sexas ds cor político que sexas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -