Publicado por : Adycto 17 de xullo de 2008

Cada ano durante o verán unha nova abre unha e outra vez as portadas dos xornais máis importantes. Parace que non hai outra que interese e, como nos xornais andan co persoal e as noticias xustas, repítese unha e outra vez nas portadas. Na maior parte dos casos, se esa nova saíse noutra época do ano non tería tanta importancia pero, sendo en verán, a cousa cambia. Para que a serpe sexa boa, o ideal é que sexa un tema que teña que ver coa época do verán na que estamos (lembrade a ola de calor e as súas mortes, etc) pero hai casos no que non se poden reunir todas as condicións. Escribo isto porque creo que hoxe xurdiu a nova do verán: a nova folga de fame de De Juana. Pensadeo ben: un tema social (o de que vaia vivir preto de vítimas de Eta cando saia do cárcere), que ten tempo para ir desgranándose pouco a pouco (ata o dous de agosto non sae do cárcere), con interese político (os dous partidos principais sacarán toda a súa batería pesada), etc, etc. O De Juana este é un filón, dende logo. Por certo, sobre o tema que ocupará portadas e portadas este verán un par de apuntes: cando un preso cumpre condena polo delicto ou delictos que cometese pode logo ser perseguido ou tratado de xeito distinto ao do resto de cidadáns? e, por que De Juana fai folga se vai sair en quince días da cadea? está gordo e quere poñerse a plan para lucir palmito nas praias?. Seguiremos informando da serpe do verán e das súas cabriolas. Gracias a la gente del jueves por estos videos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -