Publicado por : Adycto 8 de xullo de 2008

De entre todas as medidas que estes días se anunciaron na Unión Europea para tratar de loitar contra a crise económica que vive Europa hai unha que chamoume a atención especialmente: a Unión Europea dispónse a reducir os impostos dos bares. Supoño que esta reducción dos impostos fará que os taberneiros baixen o prexo das tazas e non fagan como os do sector da gasolina que, cando sube o petróleo, suben os prezos pero cando este baixa non son tan efectivos á hora de baixar o prezo do combustible. Esta iniciativa da UE é, de todos os xeitos preocupante. Nos cada vez máis anos de vida que teño nunca vira algo semellante. Moi mal teñen que estar as cousas para que os mandamases europeos se preocupen do que pasa nos bares. Non hai millor indicativo da economía dun país como o noso que o consumo dos parroquianos nos bares e, moi frouxo debe de andar, cando a UE se preocupa polo tema.
En todo caso se estas medidas sirven para reducir os prezos das tazas: benvidas sexan, aínda que tamén pode ser que a UE o que queira é que os seus cidadáns teñan máis facilidade para emborracharse e isto, unido as olimpiadas, o Tour, etc poda mantelas distraídas mentres os xerifantes deciden que facer para tratar de paliar a crise que estamos a vivir....Nin cando entrou o euro nas nosas vidas e, dun día para outro, as 500 pesetas que antes utilizabamos para tomar un café, mercar tabaco e comprar o xornal xa non nos chegaban, a UE preocupouse polos bares e agora sí o fai....Malo!!
Un recordo para todas as tabernas e tascas espalladas por Galiza enteira que fan que os galegos teñamos un lugar onde falar mal do goberno e beber viño. En especial unha lembranza para as tascas composteláns do Cruceiro, o Mosquito, o Pampín, etc e para todas as da comarca do Salnés e de Pontevedra que tantas tardes e noites de gloria me deron....


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -