Publicado por : Adycto 6 de xuño de 2008

Como a prensa só trae cousas de José Tomás e da súa faena nas Ventas ou da crise que sufre a nosa economía, que uns chaman desaceleración e outros crise, decidín que o mellor era pasar dos xornais para escribir o post de hoxe. Por certo, antes de empezar, sabedes cal é a diferenza entre a crise e a desaceleración? Que a desaceleración é cando os cartos lle faltan a outro e a crise cando che pasa a ti. Pero o tema hoxe é outro. Eu sempre fun (creo que é un mal xenético) dos que, sempre que poden, tratan de aprazar as cousas que non queren facer ata límites incribles. Son un dos causantes de que os videoclubs pechen, porque nunca atopaba o momento de devolver a peli e, ao final, acabábame quedando coa cinta. Nunca atopo o momento de tirar as cousas, sempre esgoto os prazos para cumplir as miñas tarefas, etc, etc. Levo facendo esto dende que teño uso de razón e onte, escoitando a radio, descubrín a palabra culta en castelán para definir esta conduta: procrastinar. Con esta fermosa palabra, que os da RAE definen como aplazar ou diferir, xa teño un xeito culto de decir que son un vago: son un procrastino. Así cando o diga parecerá que estou enfermo e a xente entenderá as miñas faltas. Ademáis, procrastinar permíteche facer cousas para as que, doutro xeito e, cumprindo todas as túas obrigas, non poderías facer...

2 Respostas ata o de agora.

  1. 123 dí:
    Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
  2. 123 dí:
    Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -