Publicado por : Adycto 4 de xuño de 2008

O Comité Executivo Nacional do Partido Popular aprobou hai uns días o regulamento, os horarios e o lema –“Crecemos Juntos”- do vindeiro Congreso Nacional, que terá lugar en Valencia entre os días 20 ao 22 do presente mes. A verdade é que as mentes preclaras esas que deseñaron o lema non sei se pensarían en Dajoy (ao que cada vez lle medran máis ananos) ou na clara unidade que preside o partido, por esto de "juntos". Cando lembro a palabra "xuntos" non podo deixar de pensar na canción de Juan Pardo que, nos anos nos que o PP galego andaba máis unido que nunca (Cacharreiros, Cuiñistas, Baltarines, Fraguistas, Romaycistas, etc), o partido utilizaba como sintonía de campaña. Neses intres resultaba gracioso o do "Xuntos" de Juan Pardo e agora resulta moi gracioso tamén o lema deste XVI Congreso do PP. Por certo, como ando falta de tempo, só unha cousa máis: Dinme os meus axentes inflitrados na fontanería maior da Casa Popular (e Xornal Aberto os ten bos de verdade) que os Madianistas non paran de rir dende que caeron en que o seu "contrincante" no Congreso pode ser Juan Cuesta, perdón, quería dicir Juan Costa. Seica din que se non é capaz de levar adiante unha xunta de veciños decente na tele (Aquí no hay quien viva) como vai levar adiante un partido. Hai quen di que é un ppocuo pijo pero eu non o creo...


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -