Publicado por : Adycto 16 de xuño de 2008

Esta pasada noite aconteceu algo que nunca pensei que podería pasar. Transportistas autónomos de diversas comunidades autónomas como Galiza ou Euskadi iniciaron na tarde de onte unha marcha cara Madrid co obxectivo de continuar coa protesta que veñen mantendo dende hai días. O goberno, que en boca da ministra do ramo calificou a iniciativa de "inadminisble", decidiu montar un dispositivo para evitar a chegada dos camións a Madrid. Deste xeito, e Xornal Aberto o sabe de primeira man, moitos transportistas galegos que iban cara Madrid a protestar pola siutación que están a vivir foron retidos en áreas de servicio de Benavente e Zamora. A Garda Civil retivo aos camión que non levaran carga e viaxaran cara Madrid. É posible que en España a día de hoxe unha persoa non poda circular dun lado a outro do país con liberdade? Pode a Garda Civil reter a estes vehículos senón están a cometer ningún delicto?Ahh! Por certo, por se alguén aínda non puido ver á ministra de Igualdade Bibiana Aído meter a pata ate o fondo ao falar de "miembros y miembras" dunha comisión aquí tedes o video.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -