Publicado por : Adycto 25 de xuño de 2008

Hoxe por fin alguén comezou a escribir sobre unha das cousas que sempre me preocuparon da nova Estación de Esquí de Santiago de Compostela, que algúns se empeñan en seguir chamando Cidade da Cultura, o mantenemento desta infraestructura unha vez inaugurada. A Voz de Galicia recolle hoxe un artigo de M.Cheda no que se fala sobre os soldos dos futuros traballadores do Centro de Documentación da Cidade da Cultura. No artigo, Cheda fala de que os soldos destes traballadores "cada exercicio detraerán das arcas autonómicas ao redor de 0,9 millóns, segundo un experto que, procesando a información precisa, calculou para La Voz o importe desa cantidade". Se os soldos destes homes van supoñer case que un millón de euros ao ano e a estos hai que engadirlle o do resto de funcionarios que van traballar no complexo, máis os persoal de limpeza necesario para manter as instalación en orde, máis o persoal necesario para garantir a seguridade do complexo, máis o que pode costar a programación cultural que se faga nas instalación do Gaiás a pregunta é sinxela: cal será o importe que os galegos teremos que destinar cada ano a sufragar os gastos que xenere a Cidade da Cultura? Seis millóns ao ano? Dez?....Creo que pouco máis hai que dicir ao respecto. A nova estación de esquí de santiago estanos a sair moi cara aos galegos pero o peor é que, ano a ano, será unha sangría para os nosos petos. En serio que non había outra cousa na que tirar os cartos...Quero pensar que si.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -