Publicado por : Adycto 24 de xuño de 2008

Cando alguén me pregunta de onde son eu sempre respondo que compostevedrés xa que levo case que a mitade da miña vida vivindo en Compostela, aínda que nacín en Pontevedra. De pequeno estudei nun colexio de curas da capital do Lérez e, ente os moitos profesores que tiven, hoxe acordeime dun, ao que chamábamos o "albóndiga", que non paraba de utilizar frases feitas ou refráns para dar as clases. E lembreime del porque, cando hoxe lin a Voz e comprobei que o ministro de Traballo, o Corbacho este, falaba de que o paro prevese que suba ata o 11% no ano 2009 veuseme ao calatre a cita do "albóndiga" que dicía "Cuentan de un sabio que un día, tan pobre y mísero estaba, que sólo se sustentaba de unas hierbas que comía. Habrá otro, entre sí decía, más pobre y triste que yo...y cuando su rostro volvió encontró la respuesta viendo, que otro sabio iba comiendo, las hojas que eél arrojó". A verdade é que non sei por que me viño isto á cachola pero supoño que sería porque, a pesares de todo o que venga nesta crise económica que estamos a vivir, sempre podemos pensar que en Zimbaue están peor . Se cando din que o ZP ten "baraka" ao final van a ter razón....España en plena crise e a selección de fútbol trras 25 anos de nada e unha historia de constantes decepcións estalle a dar ao presidente o "circo" que necesita para que os españois se esquezan un pouco da crise. A verdade é que nisto de evitar falar da crise tamén está a ter moito que ver o espectáculo permanente no que vive o pp....Por certo, onte foi San Xoán e eu case nin me din de conta....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -