Publicado por : Adycto 29 de maio de 2008

Xa sei que a estas alturas todos seguramente coñeceredes o caso do piso dos cinco euros pero eu, aínda que escoitara pola radio o tema, aínda no entrara na súa web. A verdade é que a historia de non poder afrontar a hipoteca e, tirando de inxenio, facer un sorteo do piso a razón de cinco euros por participación é moi orixinal e espero que lle dea resultado. Eu, pola miña parte, acabo de entrar no sorteo, é dicir, teño xa mercada unha participación para o mesmo. A verdade é que a opción de poder mercar un piso por cinco pavos non foi o que me impulsou a facelo. Impulsoume a idea de poder axudar a alguén que ten problemas e que para solucionalos tirou da súa imaxinación e do seu talento (que non talante). Ánimo e veremos se eres capaz de conseguilo! Aquí temos a Miguel Marina (propietario do piso) no youtube explicando o caso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -