Publicado por : Adycto 6 de maio de 2008

Escribo este post para facer campaña a favor dun movemento e dunha loita que afecta a todos os cidadáns españois: a situación do Sáhara. Supoño que todos coñeceredes, en maior ou menor medida, como o goberno do xeneral Franco deixou a merced de Marrocos a uns cidadáns que tiñan DNI español e que, a todos o efectos, eran cidadáns españois. Tamén supoño que todos saberedes que, nestes flamantes 30 anos de democracia española, os sucesivos gobernos non fixeron nada ao respecto e que, na actualidade, máis de oitenta países, entre os que non está España (que manda carallo), recoñecen ao goberno saharaui e á súa diplomacia como lexítimos. Na páxina web http://www.todosconelsahara.com/ informan da situación que están a vivir os refuxiados nestes momentos e piden a nosa axuda para tratar de que, a través da recollida de sinaturas, o goberno de España recoñeza, dunha vez por todas, o status diplomático do frente polisario. O obxectivo desta plataforma é lograr o máximo número de sinaturas de apoio ao seu manifiesto ata o 15 de setembro. A fin é facerlle entrega delas ao Presidente do Goberno para que España lidere a procura dunha solución pacífica e xusta a un conflito que nos afecta directamente.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -