Publicado por : Adycto 6 de maio de 2008

Marchou do PP o amigo Acebes, o actual secretario xeral do partido, e o fixo con poucas semanas de diferecia da partida desta mesma formación do seu inseparable compañeiro Zaplana. Estes días todo o mundo está a facer comentarios sobre a "crise" que se abre no PP coa marcha desta estrana parella, a que marcaba ata o momento a liña máis dura da formación, aínda que eu son dos que pensa que a marcha de Acebes e Zaplana (do que miña nai di sempre que ten o pescozo permanentemente torcido) é boa para o PP. Outra cousa é o xeito en que Madiano está a xestionar os tempos e a "liturxia" da marcha destes dous, que eu persoalmente creo que non é a máis adecuada, pero o feito en sí, que se vaian do partido, creo que será moi beneficioso para a formación presidida por Dajoy. Como cando os políticos abandonan o cargo (igual que cando alguen morre) todo o mundo tende a dicir o bo que era o fulano, eu deixo eiquí colgado o video do 11-M no que Acebes chama "miserables" a aqueles que, xa nas primeiras horas do fatídico 11 de marzo, dubidaban da autoría de ETA. Nunca me esquencerei de que o ministro de Interior de España neses días, o señor Acebes, mentiu sobre os autores da masacre durante varios días (lembrade o das dúas vías de investigación) e insultou aos que, e entre eles inclúome, pensabamos que ETA non era a responsable da matanza. Só unha cousa máis, canto lle vai costar aos usuarios de Telefónica a fichaxe por esta compañía do señor Zaplana?Subiran as tarifas?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -