Publicado por : Adycto 12 de maio de 2008

Unha das cousas que menos me gusta na vida é esperar. Dende pequeno nunca me gustou e aínda me lembro como se fora onte (e xa pasaron máis de 14 anos) aquelas esperas que tiña que soportar no portal da miña antiga moza en Pontevedra, vendo pasar os minutos lentamnete no reloxo (que de aquela funcionaba aínda) do Hospital Provincial. O tempo pasaba moi lentamente e, por eses días, foi cando me din de conta de que a percepción do tempo é relativa. Pero a percepción do paso do tempo non é o único que hai relativo. Hoxe lin non diario máis bórico unha información na que se fala sobre os efectos negativos do cannabis . Recorrentemente cada certo tempo, os "científicos e especialistas" reúnense para falar sobre o cannabis e, reunión tras reunión, acaban repetindo os argumentos de sempre: que se o porro é a entrada a outras drogas (a cervexa e os cubatas non), que se pode conducir a brotes psicóticos (o alcohol non, iso parece claro), que se produce problemas pulmonares (cousa que o tabaco non fai), que se provocan adicción (comer en macdonals ou xogar ás tragacans non o fan) ou que poden producir secuelas en diferentes partes do cerebro (a televisión creo que tamén). Eu alédome de que os nosos dirixentes se preocupen pola nosa saúde (e moito máis pola dos nosos rapaces) pero creo que é inútil "cargar" contra unha sustancia como o cannabis e non facelo, coa mesma intensidade, contra outras drogas moito máis duras consumidas nesta nosa sociedade. Ademais, este que escribe é dos que pensan que, facendo as cousas con moderación, o cannabis non é negativo senón positivo para o desenvolvemento das nosas vidas. Seguro que tiña que dicir algo máis sobre o tema pero, a verdade, esquezeuseme....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -