Publicado por : Adycto 13 de maio de 2008

É difícil que un enterro sexa divertido pero, dende sempre, na Galiza soubemos diferenciar ente un enterro "con ambente" e outro que non o ten. A verdade é que o enterro de Madiano, do que nestes días estamos a vivir as primeira horas, está cargado de ambente. Como diría un bo amigo meu: só lle faltan as pulpeiras. Podedes pensar que estou equivocado e que o enterro é de Acebes, Zaplana, etc pero, no fondo, eu son dos que pensa que Madiano é moi consciente de que non vai a ser candidato ás elección xerais de 2012. Para chegar ate aló, Madiano ten que pasar por varias citas electorais nas que non ten pinta de sair moi ben parado (entre elas Galiza) e, como home intelixente que é, Madiano está a levar a cabo un lavado de cara (e de estructuras) no seu partido para que, no caso de que el non sexa o candidato, o que o sexa teña un partido que poda utilzar e non ao revés. O último caso deste peculiar enterro que estamos a vivir é o "plante" da San Gil pola "ponencia" que tiña que asinar no Congreso que se celebrará no mes de xuño e que, seguramente, era moi "centrista" para unha "derechona" como a San Gil. A tipa plántase e rapidamente saen no seu apoio as liñas mais conservadoras e babiosas do PP. Haberá que ver cómo xoga as cartas Dajoy e se vai manter tamén, como cos outros, o pulso ata o final.
Por certo Madiano, se segues sen atopar candidato para secretario xeral do teu partido tra-la saída de Acebes eu teño un que proponerte. Con experiencia, gañas de progresar, talante, perfil técnico e unha "mala baba" impresionante para cargar contra sociatas e nacionalistos: Manuel Fraga. Ilustro este post cos "anormais e farcistas" que trataron de andarlle na cariña á líder popular non hai moito tempo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -