Publicado por : Adycto 15 de maio de 2008

Hoxe chamoume unha boa amiga para dicirme que o Pravda de hoxe traía, na súa edición de Galiza, un interesante artigo no que se falaba do turismo en Santiago de Compostela e da necesidade de integrar a Cidade da Cultura no desenvolvemento turístico e económico da capital de Galiza. Esta amiga coñece, dende hai tempo, a miña teima coa Cidade da Cultura e sabe que estou preparando un artigo (que sairá a semana que ven) no que se explicarán moitas cousas sobre o que está a acontecer nas obras do Monte Gaiás e que incluirá fotografía sorprendentes tomadas hai apenas unha semana. Como non podía ser doutro xeito, leín a información e, aínda que non é para tomalo a coña, non puiden menos que rir. Dende hai algún tempo, as forzas vivas da capital de Galiza (taxistas, hosteleros, sabios de tasca, etc) chámanlle ao complexo do Gaiás a "Estación de Esquí" porque, a vista que todos os composteláns teñen da Cidade da Cultura, todo hai que dicilo, aseméllase moito a unha das pistas polas que se lanzan os esquiadores nas probas de salto. Eu sempre pensei que este era un termo moi acertado xa que a similitude e grande pero hoxe, despois de ler o artido asinado por María Fábregas, non podo menos que aplaudir, unha vez máis, á sabiduría popular.
O Plan Estratéxico de Santiago, un informe que leva máis de cinco anos elaborándose e que está dirixido polo Decano da Facultade de Económicas, Luis Caramés, está a piques de ser aprobado polo Consello Económico e Social. Dentro de este informe e, co obxectivo de integrar a Cidade na cidade o plan prioriza a necesidade de conectar o Monstruo con Santiago da mellor das maneiras e para iso propón: implantar un "sistema especializado de transporte por cable", é dicir, un teleférico que conectará en dúas líñas o parque de Belvís e a futura estación do AVE co monte Gaiás. As dúas liñas de telecabinas poderán trasladar 2.000 persoas cada hora. A intención do gobierno municipal é que a primeira liña de Belvís esté funcionando en 2010. Ante isto non vou dicir nada máis.....por fin Santiago contará con unha estación de esquí!!! Ninguén mellor que Os Tonechos para explicar máis cousas sobre a Cidade da Cultura-

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    un novo blogue dende a esquerda:

    http://amoscaesquerdosa.blogspot.com

  2. TSSDT dí:

    A verdadeira intención dos Socialistas de Teo:

    http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/

  3. TSSDT dí:
    Este comentario foi eliminado polo autor.
  4. A verdade, o da estación de esquí é xenial. Noraboa polo post.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -