Publicado por : Adycto 28 de maio de 2008

Hoxe, mentres lía a prensa, atopeime cunha desas información que merecen ser portada de Xornal Aberto, alomenos por un día. Resulta que a Voz de Galicia, nunha información asinada por M. Cheda, que Só un 41% das 64 antenas de telefonía móbil instaladas na cidade son legais . A noticia é realmente divertida porque a normativa que rexe a instalación de antenas de telefonía móbil na cidade ten tan só dous anos e é unha normativa municipal, é dicir, é unha normativa creada polo propio concello. De todos os xeitos non hai que preocuparse porque o concello xa comunicou que, este mesmo verán, a situación quedará solucionada porque PRETENDEN SUAVIZAR A CITADA NORMATIVA para terminar con este incumprimento e para "garantir un nivel de cobertura adecuado ás demandas da sociedade civil compostelá". A verdade é que un escoita moitas cousas na vida pero que un concello que crea unha normativa a incumpra e que para solucionalo pretenda rebaixar a súa dureza dá un moi mal exemplo aos seus "gobernados". Parece de coña pero non o é. Parabéns Cheda por esta reveladora información.
O video que acompaña ao post non ten moito que ver co tema pero era un dos meus videos favoritos do youtube e, durante un tempo, foi difícil de atopar. Grazas sondegaliza por facerme desfrutar de novo co presidente da Xunta cantando o himno galego. Como mínimo, Touriño debería coñecer TODO o himno do seu país, que tampouco é tan compricado. De Bugallo I "O Grande", que tamén sae no video, mellor xa non digo nada. O alcalde da capital de Galiza.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -