Publicado por : Adycto 20 de maio de 2008

O outro día falabamos da Cidade da Cultura, un dos meus temas favoritos, e hoxe toca falar da Igrexa, outro tema que me apaixona. Segundo puiden ler hoxe no xornal que regalan co Mundo o arcebispado de Santiago de Compostela fixo pública unha nova pastoral na que se insta ao pais composteláns a "esixir que a asignatura de relixión entre no currículum escolar" xa que, segundo o último Boletín Oficial do Arcebispado de Santiago "todo goberno, que se proclame democrático, e todas as súas leis educativas, deben respetar o dereito a que os vosos fillos sexan educados segundo as vosas conviccións relixiosas e morais", sinala un texto que asina monseñor Barrio. Eminencia (ou o que sexa), creo que vostede se equivoca unha vez mais. A relixión católica, como calquera outra crenza, ten que ter liberdade para ser practicada polos cidadáns que así o desexen pero, baixo ningún concepto, debe ser motivo de estudo nos colexios e, moito menos, formar parte do curriculum escolar dos alumnos. A ensinanza da relixión debe ter lugar e facerse nos templos e non nas aulas que están para outra cousa. Ó feito de que en España, durante moitos anos, a relixión impartírase nos colexios non quere dicir que estea ben. Aquí ninguén lle prohibe educar aos nenos nos valores da Igrexa só lle pido que, se o quere facer, o faga na Igrexa, non nos colexios. Unha cousa son os Colexios, Institutos, etc e outra, ben distinta, as igrexas, catedrais e templos varios. Por certo, xa que estamos en tempo de declaración da renta lémbrolle a todo o mundo que non se esquenza de marcar a casilla de fins sociais na súa declaración.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -