Publicado por : Adycto 30 de abril de 2008


Hoxe, o día que o proxecto do Barça para este ano morreu, eu estou preparando os últimos flecos da miña viaxe "cultural" á capital do Imperio para ver a exposición "Madrid 2 de Mayo, un pueblo una nación". Evidentemente, xa que baixo irei a algún sitio máis pero, co que me gusta a min o tema do 200 aniversario da Revolución Española, que algúns chaman Guerra de Independencia, seguro que o paso de coña. Pero este non é o tema do post. O tema de hoxe é falar dunha páxina web chamada No puedo creer que lo hayan inventado na que se recollen todo tipo de inventos e artiluxios coas utilidades máis variopintas. Aquí poderedes atopar de todo, dende unha réplica da nave X-Wing usada por Luke Skywalker na Guerra das Galaxias (que manda carallo) a uns xemelgos para as camisas co "careto" da persona amada. A páxina é demencial pero asegúrovos que pasaredes un bo rato navegando por ela...A xente está moi enferma de Dios.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -