Publicado por : Adycto 18 de abril de 2008

A tan cacareada volta á normalidade de Xornal Aberto é xa unha realidade. Se ata de agora non escribin máis foi por pereza e non por falta de tempo.
Destes días hai moitas cousas que destacar e, a verdade, non sei por cal empezar. En primeiro lugar dicir que, a pasada fin de semana, La Sexta emitiu un programa denominado "Viva a República" no que se facía un exercicio de docu-ficción ao recrear que tivera pasado se a guerra civil española a gañase a República en vez de Franco. A verdade é que a idea gustoume bastante pero o documental en si foi un pouco fantasioso de mais. Podo crer moitas cousas pero que "Juancar" como presidente do COI aplaudise dende a grada no ano 92 ao seu fillo encabezando a delegación española baixo a bandeira republicana paréceme de mais (aínda que en ningún momento se aprecia isto claramente)...Iso sí, todo hai que dicilo, o programa contaba coa colaboración de xente como Paul Preston ou Fernando Ónega (o galego na capital) que lle daban un toque entretenido ao mesmo. A min gutoume a pesares de que considero que tiña moitas imprecisións. Seguindo con cosas da cadena zapaterista, teño que dicir que estou encantado coa campaña que esta televisión está a facer, utilizando para elo algúns dos seus rostros máis populares (cada día estou máis tolo por Mamen Mendizabal), para concienciar á xente de que na súa declaración da renda marque a casilla de "Fins Sociais".
Sabedes de sempre que considero á relixión (en todas as súas formas e versións) e á propiedade privada (nun sentido amplo da expresión) como os grandes cancros da nosa sociedade e, en consecuencia, encántame que haxa xente que, dende os medios de comunicación, manteña unha postura, senón en contra (que sí) polo menos crítica coa Igrexa. Por certo, el papa católico (que tamén catódico) anda estes días de viaxe por EEUU, un país no que a Igrexa católica leva gastados nos últimos anos máis de 2.000 millóns de euros (que se dí pronto) en pagar indemnizacións ás vítimas dos curas pederastas. Por certo, é cousa miña ou o papa parécese cada vez máis ao emperador malvado de Star Wars?
Xa para concluir este repaso do panorama teño que falar de dúas cousas máis. Por un lado, as declaracións feitas por Berlusconi sobre o goberno formado por ZP en España que, a verdade non teñen desperdicio. O Cavalieri, un home que recordemos que entrou na política cando as autoridades xudicias do país transalpino estaban a punto de dazalo por diversos delictos fiscais e financieiros, dixo do goberno español que era "demasiado rosa", en relación ás moitas mulleres con carteira no gabinete, e que o presindente terá "moitas dificultades para dirixilas". Creo que sobran os comentarios.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -