Publicado por : Adycto 4 de marzo de 2008


Aínda que hoxe é día de falar do segundo e último debate entre os dous grandes candidatos a ocupar a poltrona de presidente do goberno de España, non vou deixar escapar a oportunidade (non sei ata cando poderei voltar a escribir) de felicitar a Anxo Quintana polo debate galego destas eleccións xerais. O debate en tre Quin, Freixo e "Smallbull" foi un paseo para o nacionalista que, máis acostumado a este tipo de formato televisivo, "machacou" aos outros dous contendientes, tanto en argumentos como en dominio do medio.

Pero hoxe é día de falar do debate entre ZP e Madiano. Do debate de onte teño bastante que dicir. En primeiro lugar que os candidatos só se referiron a Galiza en dúas ocasicóns, para falar de que en Galiza non se pode educar aos nenos en castelán (????) e para falar da chegada do AVE a Galiza (Jajajaja). Sobre outras comunidades falaron longo e tendido (Cataluña, Valencia, Madrid, Baleares, Andalucía e Aragón) pero sobre o noso país nada. E iso que un dos candidatos e galego. Esto é un claro exemplo do que lles importa aos dous candidatos Galiza.

Outra das cousas das que teño que falar é dos gráficos de Madiano. Tratei de buscar fotos nas que saíran os mesmos pero non atopei ningunha que me acabara de convencer para ilustrar este post. Cando Madiano mostraba gráficos, estes estaban claramente "manipulados" porque as cifras que pretendían explicar non se correspondían "proporcionalmente" cos datos que mostraban. Así, cando Madiano mostraba gráficos con datos nos que se facía referencia aos gobernos de Aznar, en comparación cos de ZP, aínda que os datos estivesen ben (que non o dubido) os gráficos mostraban unha diferencias que non se correspondían coa realidade. Exemplo irreal: se Madiano falaba de que a inversión dos gobernos Aznar en emprego (por decir algo) eran de 300 millons de maravedís e na época ZP de 290, os gráficos de columnas mostraban, no caso do PP columnas ata 3 veces máis grandes que as correspondentes ao PSOE. Iso chámase enganar, o diga que o diga.

Outra das cousas que me chamou a atención foi a desfachatez de ZP para dicirnos como será o mapa do AVE en España no ano 2020 en comparación con agora. O tío fala do ano 2020 como de pasado mañana. Paréceme incrible. Seguro que cando o AVE chegue a Galiza (se é que chega no 2020) os cataláns xa disporán de teletransportación.

Para concluír e, aínda que podería estar falando deste tema días, un consello para o PP. Despidan aos asesores que convenceron a Madiano de falar outra vez da "niña" e tamén aos que lle recomendaron sacar o tema da guerra de Iraq. Foron dous erros graves.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -