Publicado por : Adycto 6 de marzo de 2008

Xa falta pouco para chegar ao periodo de reflexión. Poderiamos facer un pequeno resumo do que foi a campaña. Dos debates Madiano-ZP, do debate galego, do debate Pizarro-Solbes, da nena de Rajoy, do AVE no 2020 de ZP, e de moitas cousas máis. Poderíamos falar dos spots televisivos e radiofónicos das dúas principais forzas políticas estatais, da campaña realizada por Gaspi, que retirou a internacional como sintonía, e de moitas outras cousas pero, nestes momentos finais da campaña, non podo menos que poñer un video coa sintonía que o PP está a utilizar nos seus actos electorais para animar á xente. Por motivos laborais tiven que estar o outro día en Vigo nun mitin de Madiano e quedei ABRAIADO cando escoitei a citada canción coa que os populares animaban aos seus electores a votar. Non ten desperdicio.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -