Publicado por : Adycto 26 de febreiro de 2008


A estas horas, cando todo o mundo opinou xa sobre quen gañou o debate entre ZP e Madiano, en Galiza seguimos preocupados porque, a pesares do anunciado pola CRTVG hai días, o debate entre Smalbull, Freixo e Quin aínda está no aire. Para non quedarnos atrasados na información en Xornal Aberto esperaremos ata mañá pola mañá, xa con feitos confirmados, para falar deste debate, tan importante para Quin, e no que o PPdG de Alberto Núñez Feijóo parece ser que é o que está a poñer as cousas máis complicadas para que tan importante cita se celebre. É un caso raro no mundo. O partido que está na oposición (e que parece que aínda non se deu de conta que está na mesma) é o que máis trabas está a poñer cando, de toda a vida, e senón que llo pregunten a Madiano, o gran beneficiado dun debate é o aspirante. Cousas veremos!

Por certo, como non podía deixar este espazo sen opinar sobre o debate, deixo eiquí para as hemerotecas a miña opinión: A pesares de que Madiano rendeu a un gran nivel e tiñas bos argumentos na man, ZP soubo conter con claridade os envites do pontevedrés. Ou sexa que eu creo que empataron pero que isto beneficia a Zapatero. Por certo, encantoume a contestación de ZP ao argumentario do PP de "Nos deixamos a ETA no momento máis baixo da súa historia e agora están nas institucións, etc,etc". A resposta de ZP foi algo así como " Se estaban en tan mal momento como pode ser que vostedes pasaran 2 anos dicindo que eles estaban detrás do 11-M". É excelente. Gostaríame coñecer ao asesor que preparou esta resposta.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -