Publicado por : Adycto 25 de febreiro de 2008


Despois de 15 anos sen debate televisivo entre os máximos aspirantes a ocupar o posto de presindente do goberno de España, hoxe terá lugar, con sinal en aberto, o tan ansiado encontro entre Madiano y ZP. En principio, as principais radios do Estado e moitas das cadeas de televisión nacionais ofrecerán a sinal deste evento televisivo, que tamén poderá seguirse de xeito amplo en internet. As cadeas Telecinco e Antena 3, nunha aposta polo menos cuestionable, decidiron non emitir o debate aínda que si ofrecerán distintos programas, ao remate do mesmo, de análise do mesmo. Ante tantas opcións será difícil escoller en que cadea seguir o mesmo e, sobre todo, en que medio seguir o posterior debate. Dende Xornal Aberto, sempre atentos a buscar a máis ampla variedade de opinións, propoñemos unha fórmula: ver o debate en Cuatro , co gran Iñaki, e, posteriomente, seguir a análise que fagan en popular televisión (os que a pillen) ou, senón en libertad digital , un medio que contará entre os seus contertulios con persoeiros do "nível" de Cesar Vidal ou Federico Jiménez Losantos (casi nada al aparato). Por certo, o do titular non é coña, non sei por que será (que dicía a Bombi) pero só hai debates cando hai sociatas en Moncloa. Espero que, de unha vez por todas, esto se regule de xeito oficial xa que, aínda que a min case que tanto me da o un como o outro (case), creo que é bo dende o punto de vista democrático que haxa este debate. Veremos quen gaña esta noite e tamén se era tan importante a elección do moderador, xa que eu creo que pouco ou nada inflúe un moderador nun debate tan pactado como este.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -