Publicado por : Adycto 7 de febreiro de 2008


A cadea de televisión Cuatro, que por certo segue sen acadar os niveis de audiencia cos que esperaba contar (creo que andan nun 7%), pon a disposición dos internautas a posibilidade de facerlle unha pregunta aos dous máximos candidatos a ocupar a poltrona da Moncloa a partires do vindeiro 10 de marzo. O xornalista Iñaki Gabilondo entrevistará a ambos entre hoxe xoves e o vindeiro luns. Hoxe, a partires das 21:30 horas, o entrevistado será Madiado Dajoy e o luns chegaralle o turno a ZP. A cadea en aberto do grupo Prisa proponlle aso internautas a posibilidade de facerlle algunha pregunta aos entrevistados e, para facilitarvos o acceso a esta opción, dende Xornal Aberto colocamos eiquí ESTE LINK para que podades preguntarlle algo aos candidatos. Coido que para Madiano igual chegamos un pouco tarde pero para ZP aínda estamos a tempo. A ver se a alguén lle seleccionan a pregunta!
Por certo, agora non ando con moito tempo e non podo pararme a analizar a última proposta electoral de Madiano na que anunciou que, se gaña as eleccións, obligará aos inmigrantes que desexen renovar os seus permisos iniciais de residencia a asinar un "contrato de integración". No documento, os extranxeiros deberían comprometerse "a cumplir as leis, a respetar as costumes dos españois, a aprender a lingua, a pagar os seus impostos, a traballar activamente para integrarse na sociedade española e a regresar ao seu país se durante un tempo no atopan emprego". Só para a reflexión deixo esta pregunta, de todas esas condicións, exceptuando a última, cantas cumplen a maioría dos nativos?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -