Publicado por : Adycto 6 de febreiro de 2008



Estando como estamos en tempo de entroido, en tempo de enterros de sardiñas, mecos, ravacholes e demais, creo qe este é bo momento para falar doutro enterro: o do "tomate". A pasada semana, case que por sorpresa, o "Tomate" pechou as súas emisións definitivamente e, dunha vez por todas, deixamos de ter en horario de sobremesa a Pantojas, Pacorros (négome a chamalo aínda paquirrín), exs, iniciais, etc. Que sube o paro en xaneiro batindo records? Non pasa nada!, a única noticia que preocupa aos españois é a desapación do "Tomate". Podemos falar durante cen anos seguidos sobre o fenómeno do telelixo e as súas consecuencias para os telespectadores pero, coma sempre, a miña opinión non é convencional. Explícome. Eu non estou a favor do telelixo nin de programas como o "Tomate", (nin moito menos) pero, aínda que tamén estou en contra da comida lixo, de vez en cando apetéceme comer unha hamburguesa do Macdonal´s. Con isto quero dicir que, aínda que estou contento de que desaparecese o "tomate", paréceme que se lle deu moita importancia a unha noticia menor: a desaparición dun programa de telelixo que levaba cinco anos en antena. Para "tomate" o que se nos ven encima co tema da subida dos prezos, dos cambios no euribor, etc, etc, etc.
Por certo, aínda que alguén poida sentirse ofendido, o peche do "tomate" significa tamén non poder ver diariamente cousas como as que ilustra esta fotografía.
Pouco a pouco Xornal Aberto vai recuperando a normalidade (?) como o fai a miña vida.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -