Publicado por : Adycto 4 de xaneiro de 2008

Escribo este post despois de case que 6 semanas sen anotar nada neste caderno. Supoño que xa ninguén pasa por este espacio en internet mais que de rebote pero, aínda así, comunico que non penso abandonalo en moitos anos. A vida que levo agora mesmo, que faime chegar a casa a eso das once ou doce da noite cada día e levantarme as sete da seguinte xornada, deixame moi pouco espazo para seguir disfrutando do pracer de escribir sobre o que pasa no mundo. Do pouco tempo que teño libre, a lectura e a moza, así como moi de vez en cando a maravillosa compaña dos meus, ocupan todo o tempo que me queda para estar desperto pero, aínda así, négome a rematar con esta aventura que tantos bos momentos me trouxo e que tantos outros me traerá. Xornal Aberto naceu con ánimo de continuidade e, ningunha circustancia impedirá que, dentro de cinco ou seis anos, poda seguir desfrutando de expresar as miñas opinión neste foro e, coma non, de escoitar as vosas. Son etapas, nada máis, e así como agora non teño tempo para nada, sei que en breve voltarei a gozar da liberdade de dispor de un par de horas libres ao día.
Sen outro motivo que felicitar a todos pola entrada do novo ano (din que para os tauro coma min 2008 vai ser estupendo) e desexando que os reis (os únicos que respeto) deixen moitos regalos nas vosas moradas, despídome de vos emprazándovos a seguir pasando por este rincón que, en pouco tempo, poda recuperar o seu pulso e a súa temática habitual.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.

  2. Anónimo dí:

    A vella garda morre pero non se rende. Aquí seguiremos. Semper Fidelis.

  3. coño, os marines!

    Aguanta, que non te moves do meu bloglines.

  4. marinhita dí:

    estaba preocupada por tí! beijos

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -