Publicado por : Adycto 17 de outubro de 2007


Son moitas as veces que en Xornal Aberto falamos sobre o tema da liberdade de expresión e os seus límites e hoxe tócanos faler del outra vez. Resulta que entérome por Zerovacas que Aduaneiros sem Fronteiras, o espazo por excelencia do humor feito na Galiza na nosa blogosfera, pechou. E non pechou por gusto, pechou porque a poetisa galega por excelencia (máis coñecida por presentar cifras e letras que pola súa obra poétia), Yolanda Castaño, así o quixo. Pois si, o avogado da raiña da poesía envioulle unha carta aos Aduaneiros para que retirasen da súa web o deseño gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentarios a el adxuntos, baixo ameaza de demanda xudicial por delictos de inxurias con publicidade. Nunca pensei que unha escritora, poetisa, comunicadora, etc puidese atentar, como agora fai Yolanda, contra un dos bens máis preciados que poden ter estas profesións: a liberdade de expresión.

Xa son moitos os que falan do tema nos seus blogs e webs como Galicia Confidencial, Chuza, Vieiros, Meneame, Código Cero, GZNación, Plataforma Ártabra 21, A porta de prismos, Arredemo, Apocalipse do porco, As túas balas, Beliscos pequenos, O mundo desde un chimpín, Diario dum suevo, O cartafol de silencios, Modestoweb, Neorama dos quadrinhos, O quilombo, Travesías arcanas, Movemento polos dereitos civís,Chantos na chaira, Galpón de Breogán ou Zero vacas pero seguro que pronto serán máis....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -